O Barbanza quedouse sen chan industrial hai tempo, aínda que un dos primeiros concellos en esgotar o seu espazo foi Ribeira. A Asociación de Empresarios local impulsou a iniciativa para dotar de máis solo industrial ao municipio a través dun novo polígono empresarial. Despois de anos de traballo, estase a avanzar para que sexa unha realidade o antes posible polo que se agarda que nunhas semanas haxa novidades.

