O pazo do Hórreo acolleu esta mañá a sesión de control ao Goberno de Galicia. O Parlamento galego viviu unha nova sesión na que a oposición afondou en dúas cuestións: a inacción da Xunta en materia de vivenda xa que o groso das competencias son autonómicas, e a falta de cambios no dispositivo antiincendios logo dos lumes rexistrados esta fin de semana en Padrón e Boborás.
O portavoz do grupo socialista, José Ramón Gómez Besteiro, recordou que preguntou ata en nove ocasións pola vivenda ao presidente da Xunta e recordou que o groso das competencias neste ámbito son autonómicas.

