O parque da Tasca e a Casa da Cultura son os escenarios que acollerán a novena edición do festival de música tradicional Son’s, que terá cabida o vindeiro 27 de xuño a partir das 21:30h. Unha cita cultural promovida pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño e que xa está consolidada no municipio ribeirense.

