O 26 de xuño, ás 20:00h, o novo Auditorio municipal de Ribeira acollerá o Mimarte Fest, un festival benéfico cuxos fondos se destinarán á rehabilitación das vivendas inclusivas da asociación Ambar. Esta colaboración do Concello busca promover a autonomía e mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

