Irene Lourido presentou en Ribeira ‘O lado nobre’, a novela coa que se fixo co premio do X Certame de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.
A obra, escollida entre unha vintena de orixinais, propón unha reflexión sobre os coidados, a dependencia e a fraxilidade da vida a través dun relato marcado pola experiencia persoal da autora.

