5 septiembre, 2026
Image default

BOIRO ACOLLÉ O CAMPIONATO GALEGO DE HAPKIDO E O AUTONÓMICO ESCOLAR DE TAEKWONDO

O pavillón de Barraña acolleu unha intensa fin de semana deportiva coa celebración do Campionato Galego de Hapkido e o Campionato Galego Escolar de Combate de Taekwondo. Entre ambas xornadas participaron máis de 500 deportistas chegados de distintos puntos de Galicia, convertendo o municipio nun punto de encontro para familias, adestradores, árbitros e afeccionados.
O sábado celebrouse o autonómico de hapkido, no que o Club Malamía conseguiu proclamarse campión galego por equipos, ademais de sumar un amplo palmarés de medallas en categorías individuais, parellas, tríos e grupos.
A competición continuou o domingo co campionato escolar de combate de taekwondo, onde o club boirense volveu sumar podios, incluíndo medallas de prata e bronce tras varios combates de alto nivel.
Un fin de semana que deixa en Boiro un importante impacto deportivo e social, consolidando o municipio como sede destacada das competicións autonómicas de artes marciais en Galicia.

Related posts

ÚLTIMA PROBA PARA O PORTUS APOSTOLI ANTES DE ARRANCAR A CAMPAÑA

CloudyX

A EFM CONCELLO DE BOIRO XA PREPARA A NOVA TEMPADA

CloudyX

CABO DA CRUZ REMATOU DÉCIMO CUARTO NA CLASIFICATORIA DA BANDEIRA DA CONCHA

CloudyX