4 septiembre, 2026
Image default

A EFM CONCELLO DE BOIRO XA PREPARA A NOVA TEMPADA

Nova tempada e novos retos para a EFM Concello de Boiro. O conxunto feminino repite en Terceira Federación e faino mantendo boa parte do bloque que competiu o pasado curso.
As boirenses debutarán a mediados de setembro, a domicilio, no campo do Friol. Na segunda xornada chegará a estrea en Vista Alegre, coa visita do Lóstrego.
Precisamente estes dous equipos, xunto con As Celtas B e o Atlético Vilalonga, están entre os candidatos a ocupar os postos altos da táboa, segundo o técnico boirense, Miguel Ángel Ramos.
O cadro de xogadoras sufriu algunha baixa, pero tamén conta con novas incorporacións. E, ante as dificultades para atraer futbolistas de fóra, o filial volverá ser fundamental.
Un equipo creado hai dous anos e pensado como canteira, para formar xogadoras e facilitar o seu salto ao primeiro equipo.
A EFM Concello de Boiro pechará a primeira volta en Vista Alegre, contra o Orzán, no mes de decembro, e rematará a competición en maio, no campo do propio Orzán. Comeza así unha nova aventura en Terceira Federación, cun obxectivo: seguir medrando e mirar cara arriba.

Related posts

ÚLTIMA PROBA PARA O PORTUS APOSTOLI ANTES DE ARRANCAR A CAMPAÑA

CloudyX

CABO DA CRUZ REMATOU DÉCIMO CUARTO NA CLASIFICATORIA DA BANDEIRA DA CONCHA

CloudyX

A CHUVIA NON IMPEDIU QUE OS PARTICIPANTES NA REGATA DO CIRCUÍTO PROVINCIAL DE PIRAGÜISMO BRILLARAN EN BOIRO

CloudyX