Onte mércores o remo nacional tivo unha das primeiras citas da competición máis recoñecida no mundo das traiñeiras: a Bandeira da Concha. Un ano máis Cabo da Cruz competiu nesta tradicional regata na fase clasificatoria. Os crucenses acudían a esta cita con gañas, pero sen presión xa que o principal obxectivo era medirse aos equipos cos que remarán no playoff de ascenso á Euskolabel Liga.

