O Concello de Outes é un dos beneficiarios do Plan Único POS que impulsa a Deputación da Coruña anualmente para todos os municipios da provincia. A deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos do ente provincial, Cristina García, estivo esta mañá na localidade outiense para coñecer de primeira man traballos financiados por este plan. E destacou a importancia que ten esta ferramenta para os concellos.

