14 C
Chicago
3 octubre, 2026
Image default

ÚLTIMA XORNADA NA PREFERENTE FUTGAL

O Puebla afronta esta fin de semana o último encontro da tempada instalado na sétima posición da clasificación. Os pobrenses medirán forzas co Ordes, quinto clasificado, nun duelo no que buscarán despedirse da competición cun bo sabor de boca.
Os da Pobra chegan tras unha campaña irregular, con resultados moi variados nas últimas xornadas, pero coa permanencia asegurada e sen presión clasificatoria. Aínda así, o equipo intentará ofrecer a súa mellor versión para sumar os derradeiros tres puntos da tempada.
O encontro disputarase este sábado, 16 de maio, ás 16:15h no campo de Cadreche, na casa.

Situación moi diferente para o Cidade de Ribeira. O conxunto ribeirense chega á última xornada practicamente descendido á Primeira Futgal, ocupando a décimo sexta posición con 33 puntos.
Os de Ribeira visitarán ao Burela S.D. este domingo nun partido que servirá como despedida dunha tempada complicada, marcada por unha longa racha de derrotas e empates que acabou condenando ao equipo á zona baixa da táboa.
A pesar da difícil situación, o os ribeirenses buscarán competir ata o final e despedirse cunha vitoria que poña o broche máis positivo posible ao campionato.
E máxima tensión para o Dumbría. O equipo chega á derradeira xornada fóra dos postos de descenso, pero cunha marxe mínima de apenas dous puntos sobre o Burela, que marca o perigo.
Enfrontaranse ao Sigüeiro este domingo ás 18:00h no Conco, nun partido clave para asegurar a permanencia. Todo pasa por sumar unha vitoria, aínda que no caso de perder tamén dependerán do resultado do Burela.
Un escenario de máxima presión no que o Dumbría terá que facerse forte na casa para evitar un descenso que aínda segue ameazando ao conxunto da Costa.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI DESAFÍA AO VIXENTE CAMPIÓN DE LIGA

CloudyX

O BOIRO BUSCA REAFIRMAR O LIDERADO ANTE O ESTRADENSE E A DOMICILIO

CloudyX

RIBEIRA ACOLLERÁ O VINDEIRO 12 DE OUTUBRO A III MILLA DÍA DA HISPANIDADE.

CloudyX