A Escola Náutica Pesqueira de Ribeira desenvolveu na tarde de onte unha xornada técnica enmarcada no proxecto “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar”, impulsado polos oito GALP galegos. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, estivo nesta cita na que se afondou nunha cuestión clave para o sector.

