No centro de día de AGADEA en Rianxo, as historias do pasado atopan agora novos oídos. Tres persoas maiores e tres estudantes do IES Félix Muriel participan no programa Talento Interxeracional, unha iniciativa que promove o intercambio de experiencias e xeracións.
A través de paseos, xogos e conversas, os máis novos descobren como era a vida en Rianxo décadas atrás, mentres os maiores reviven lembranzas e emocións que, aseguran, cobran vida ao compartilas.

