A Preferente está encarando o seu final e o fai con moito aberto para os equipos da comarca. O Cidade de Ribeira desbotou unha gran oportunidade de achegarse á permanencia logo de perder dous puntos nos minutos finais no seu duelo directo co Val de Narón.
O encontro arrancou ben para os ribeirenses que se puxeron por diante aos 16 minutos de partido grazas ao tanto de Aguado, pero o Narón respondeu co empate aos tres minutos. Xa na segunda metade, e tras moito insistir, Anxo Rivas bateu a portería local para facer o 1-2 que subiu ao marcador no minuto 47. Os branquiazuis mantiveron a raia o ataque do Narón, pero no 86 Alejandro Teira foi expulsado por dobre amarela. A inferioridade non sentou ben aos visitantes e ao fío do final, no 93, unha contra converteuse no empate do Narón. Un punto insuficiente que suma o Cidade de Ribeira que caeu ao décimo sexto lugar e ten a permanencia a catro puntos.

