Cheo absoluto durante toda a fin de semana en Noia. Máis de 240 patinadoras participaron na xornada do sábado, cun pavillón ateigado durante todo o día.
No domingo, o Club Noia Patín tivo unha destacada participación. O cuarteto de secundaria e o grupo show pequeno de primaria acadaron a segunda posición, mentres que o grupo show grande, en categoría nacional, fíxose co primeiro posto.
Uns resultados que chegan nun gran momento para o club, tras os éxitos acadados tamén noutras competicións recentes.
Asimesmo, e segundo afirman dende o club, a recadación das entradas, que rondou os 5.000 euros, destinarase íntegramente a financiar o viaxe do grupo show grande, que o próximo 30 deste mes competirá na Copa do Mundo en Italia.
Resaltan ademáis o apoio recibido por patrocinadores, colaboradores, o Concello de Noia e, especialmente, ás familias, fundamentais para facer posible este evento.

