Tras dous meses de traballos, o Concello de Noia deu por finalizadas as obras de instalación de saneamento separativo, pavimentación e dotación de auga potable na zona de Albariza.
Unha actuación que, segundo destacou o concelleiro de Obras, Manolo Seijas, ten unha dobre importancia: por unha banda, a mellora directa da calidade de vida da veciñanza, e por outra, o feito de terse executado con medios propios municipais, algo que non se facía dende hai unha década.
Esta fórmula permitiu un aforro aproximado de 30.000 euros para as arcas locais.

