Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CONCELLO DE NOIA VÉN DE REMATAR UNHAS OBRAS CLAVE PARA A MELLORA DOS SERVIZOS BÁSICOS DA ALBARIZA

Tras dous meses de traballos, o Concello de Noia deu por finalizadas as obras de instalación de saneamento separativo, pavimentación e dotación de auga potable na zona de Albariza.
Unha actuación que, segundo destacou o concelleiro de Obras, Manolo Seijas, ten unha dobre importancia: por unha banda, a mellora directa da calidade de vida da veciñanza, e por outra, o feito de terse executado con medios propios municipais, algo que non se facía dende hai unha década.
Esta fórmula permitiu un aforro aproximado de 30.000 euros para as arcas locais.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil