Po, velocidade e emoción nun circuíto que volveu responder con gran ambiente.
Entre os nomes propios, Alejandro Vecino confirmou o eu gran inicio de tempada repetindo o triunfo e consolidándose como un dos pilotos a seguir no campionato. Tamén destacou Dani Castro, que se levou unha das finais máis apertadas da xornada, decidida por apenas unhas décimas.
Outro dos protagonistas foi Antonio López Lence, que sumou unha nova vitoria ao seu xa amplo palmarés, mentres que nos máis novos brillou Lolo Bermúdez, liderando unha categoría que vén pisando forte.
A xornada deixou carreiras moi disputadas e diferenzas mínimas, demostrando o alto nivel dos participantes nesta edición do campionato galego.

