Fin de semana redonda para o Noia Portus Apostoli. Regresaban os brancos ao Mourís logo do último parón da Primeira División e facíano ante o Family Cash Alzira, equipo que está en plena disputa pola permanencia. Foi un encontro duro pero finalmente os tres puntos quedaron na casa grazas ao 5-4, un triunfo que certifica de forma matemática a continuidade noiesa na categoría e mantén aberta a loita por meterse nos playoff.

