A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou na tarde de onte Porto do Son, concretamente o curso de mariñeiro-pescador que se está a desenvolver na confraría de Porto do Son. Trátase dunha iniciativa enmarcada o programa de axudas á formación que impulsa a Consellería do Mar para reforzar a capacitación profesional no sector e o relevo xeracional.

