Despois do último parón da campaña, o futsal regresa con forza. O Noia Portus Apostoli afronta esta vixésimo quinta xornada da Primeira División con gañas de volver a vestirse de curto no Mourís para medirse ao Alzira, conxunto que está inmerso na loita pola permanencia. Os brancos chegan a este encontro co obxectivo posto nos tres puntos para frear a xeira de dúas derrotas seguidas que sumaron nas últimas xornadas que se disputaron. E será o primeiro partido dos cinco que xogarán os brancos en 15 días.

