O Campionato Galego de Bateis desenvolveuse este sábado nas augas que bañan o porto da Pobra do Caramiñal. Estaba previsto que as finais se disputaran o domingo, pero unha alerta laranxa por ondas que emitiu a Secretaría Xeral para o Deporte suspendía as actividades no mar para o domingo. Isto obrigou a cambiar a folla de ruta polo que as finais tiveron que celebrarse o propio sábado.

