12 C
Chicago
5 octubre, 2026
Image default

O PUEBLA DÁ UN PASO CASE DEFINITIVO CARA Á PERMANENCIA TRAS REMONTAR ANTE O CULTURAL MANIÑOS

O Puebla deu un paso case definitivo cara á permanencia tras remontar no campo do Cultural Maniños por 1-3. O encontro puxérase costa arriba moi cedo para os pobrenses, pero Chiño igualou o marcador antes do descanso. Pouco despois, Juan García culminou a remontada e, xa no tramo final, Edu Abeijón sentenciou o choque. Un triunfo que deixa ao conxunto da Pobra nunha cómoda sétima posición e con ampla marxe sobre o descenso.
Pola súa banda, o Cidade de Ribeira non pasou do empate a un gol ante o Pol en A Fieiteira. Moha foi o gran protagonista do partido, marcando primeiro en propia porta e, xa na segunda metade, anotando o tanto do empate. Un punto que sabe a pouco para os ribeirenses, que continúan preto dos postos de descenso e terán que seguir loitando nas vindeiras xornadas.
Peor sorte correu o Dumbría, que caeu con contundencia por 4-0 fronte ao Negreira. Os locais impuxeron o seu ritmo, especialmente na segunda metade, deixando sen opcións a un Dumbría, que queda na zona media da clasificación.
Con só cinco xornadas por diante, o Puebla respira tranquilo, mentres Cidade de Ribeira e Dumbría afrontan un final de tempada esixente.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI DESAFÍA AO VIXENTE CAMPIÓN DE LIGA

CloudyX

O BOIRO BUSCA REAFIRMAR O LIDERADO ANTE O ESTRADENSE E A DOMICILIO

CloudyX

RIBEIRA ACOLLERÁ O VINDEIRO 12 DE OUTUBRO A III MILLA DÍA DA HISPANIDADE.

CloudyX