Este venres a literatura tomou o protagonismo en Porto do Son da man da Asociación Barbantia. A Casa da Cultura sonense acolleu a presentación de “Nabka”, da escritora Patricia Torrado. É un poemario onde a autora fai un chamamento pola conciencia e expresa o desexo de resistir do pobo Palestino. O acto arrancou cunha representación na que dous traballadores da funerario Los Dolores, de Ribeira, José Antonio e Guillermo, entraron levando unha mortalla para escenificar a morte, protagonista diaria nas vidas dos palestinos.

