Onte pola tarde a conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo unha reunión cos patróns maiores das confrarías de Noia, Muros, Portosín e Porto do Son. Na xuntanza analizouse a situación do sector da ría de Muros-Noia logo dos temporais que se viviron nas últimas semanas. Un dos principais temas nos que se afondou foi a mortaldade do marisco pola baixada da salinidade.

