O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe o sometemento a información pública do proxecto da nova senda peonil e ciclista que conectará o núcleo de Viro e da Serra de Outes. Terá unha lonxitude aproximada de 2,3 kilómetros na que se investirán 1,4 millóns de euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, achegouse ao municipio para coñecer a zona na que se desenvolverán os traballos.

