22.7 C
Chicago
16 agosto, 2026
Image default

OS EQUIPOS DA TERCEIRA FEDERACIÓN AFRONTAN ESTE DOMINGO UNHA NOVA XORNADA DE LIGA.

Os últimos enfrontamentos non trouxeron alegrías para os equipos da Terceira Federación do Barbanza, un feito que intentarán cambiar nas seguintes xornadas que se desputarán este domingo, 1 de febreiro.
O C.D Boiro buscará contrarrestar o último partido perdido contra o C.D Estradense enfrontándose ao S.D Compostela, o equipo máis forte da liga e o cal ocupa a primeira posición do taboleiro. Xogarán como visitantes no estadio Verónica Boquete ás 17:00h da tarde nun cara a cara no que os boirenses tentarán conseguir máis que nunca esos tres puntos para, así, seguir ascendendo dentro do top 5 da clasificación.
Por outra banda, o C.F Noia tamén busca sumar. A semana pasada, os barbanzáns desputáronse contra o C.D. Lugo “B”, contra quenes non foron capaces de ir máis aló que o empate a 0 final. Ao contrario que os boirenses, os de Noia competirán como locais no Julio Mato contra o Alondras C.F. buscando escapar da zona baixa da clasificación.
Ambos teñen obxectivos claros, e están preparados para as súas xornadas esta fin de semana.

Related posts

A LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS AFRONTA O SEU TRAMO FINAL

CloudyX

A PRAIA DE CARRAGUEIROS PREPÁRASE PARA ACOLLER A IX EDICIÓN DA TRAVESÍA A NADO ILLA DA BENSA

CloudyX

PRETO DE 130 NADADORES DARANSE CITA MAÑÁ NA PRAIA DE COROSO PARA PARTICIPAR NA TRIXÉSIMO PRIMEIRA EDICIÓN DA TRAVESÍA A NADO.

CloudyX