A partir do 10 de xaneiro, os pesqueiros de entre 12 e 15 metros deberán avisar con dúas horas e media de antelación antes de entrar en porto e pesar cada especie capturada antes de atracar. Unha normativa impulsada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que o sector considera allea á realidade da pesca galega.
Desde Portosín, o seu patrón maior tamén alerta das consecuencias directas que terá esta medida para os barcos de baixura, que faenan preto da costa e dependen da rapidez na descarga para garantir a calidade do produto.

