A seguinte parada do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi o porto de Aguiño. O dirixente do ente provincial embarcou para achegarse á zona de traballo dos mariscadores na contorna da illa de Sálvora e no libre marisqueo para coñecer de primeira man o seu labor. Estivo acompañado polo patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría, quen agradeceu ao representante da Deputación o interese polo sector.

