O 2025 non será recordado por ser un gran ano no referente ao marisqueo. As campañas que se realizaron na confraría de Muros foron algo mellores que as rexistradas en anos anteriores, sen embargo este final de ano non está sendo moi positivo. Os profesionais muradáns traballan na extracción de marisco en Noia e nas últimas semanas a toxina está a lastrar unha campaña que xa non era moi abundante.

