O Auditorio Municipal de Ribeira acollerá o venres, 29 de novembro, ás nove da noite, esta cita co humor galego. No escenario estarán Antón Coucheiro, Susana Sampedro, Arturo Cobas, Sheyla Fariña e Alfonso Medina, cinco artistas coñecidos pola súa capacidade para improvisar e facer rir en calquera situación.

