O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, asinaban hoxe un acordo de colaboración para mellorar as instalacións do complexo deportivo municipal da piscina. A Xunta achegará 65.000 euros, o 90% do orzamento total, que supera os 72.500 euros.

