20.9 C
Chicago
10 octubre, 2026
Image default

A ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES DE RIANXO SEGUE DANDO PASOS ADIANTE

Situada nunha parcela de 8.000 metros cadrados ao carón do IES Félix Muriel, esta Casa de Acompañamento será unha das tres que integran o plan provincial impulsado pola Deputación, que tamén prevé centros nas Pontes e Ordes.
O modelo, baseado nos centros europeos de quinta xeración, apostará por espazos pequenos e integrados na comunidade, onde as persoas maiores non serán tratadas como pacientes, senón como persoas que manteñen a súa identidade e autonomía. O centro contará con 59 prazas e estará organizado en catro unidades convivenciais, cada unha cunha cociña e salón, para simular o ambiente dun fogar.

Related posts

O BOU DE VARA, EN XAQUE AO DEPENDER CASE EN EXCLUSIVA DA VOLANDEIRA

CloudyX

O GOBERNO LOCAL DE RIANXO IMPULSA NOVAS OBRAS PARA MELLORAR A REDE DE SANEAMENTO

CloudyX

O MARISQUEO EN RIANXO NON ESTÁ A TER ACTIVIDADE

CloudyX