O vindeiro mes de novembro arrancará o bou de vara en Rianxo. Agora mesmo o porto local ten pouca actividade, co marisqueo pechado e algúns profesionais que acoden ao libre marisqueo a probar sorte. Pero as perspectivas do bou de vara non son moi boas xa que practicamente se está a capturar só unha especie.

