Situada nunha parcela de 8.000 metros cadrados ao carón do IES Félix Muriel, esta Casa de Acompañamento será unha das tres que integran o plan provincial impulsado pola Deputación, que tamén prevé centros nas Pontes e Ordes.
O modelo, baseado nos centros europeos de quinta xeración, apostará por espazos pequenos e integrados na comunidade, onde as persoas maiores non serán tratadas como pacientes, senón como persoas que manteñen a súa identidade e autonomía. O centro contará con 59 prazas e estará organizado en catro unidades convivenciais, cada unha cunha cociña e salón, para simular o ambiente dun fogar.
A ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES DE RIANXO SEGUE DANDO PASOS ADIANTE


