Centos de persoas volveron encher esta fin de semana a parroquia de Santo Ourente, en Outes, para participar na tradicional romaría de San Campio, coñecida tamén como a Romaría do Mal Cativo. Unha cita de fonda devoción relixiosa, á que acoden cada ano numerosos romeiros na procura de saúde para as súas doenzas nerviosas ou mentais.

