A Garda Civil da Comandancia da Coruña vén de propoñer a sanción a catro persoas por incumprir as restricións de seguridade nesta época de alerta máxima por risco de incendio forestal. O feito ocorreu en Outes logo de que os axentes recibiran unha chamada informando da presencia dunhas persoas realizando un fogo para unha barbacoa no paseo fluvial do río Entíns, en Outes.

