A frota de cerco do porto do Portosín está a vivir un verán con bastante movemento no mar. As especies achegáronse á costa e os profesionais puideron capturar diferentes peixes, algo que favoreceu ao sector xa que non só se puido capturar a tradicional sardiña se non que o xurelo tamén apareceu antes de tempo.

