As festas de verán de Ribeira poderán celebrarse no lugar habitual, na fachada marítima. Logo de semanas de incerteza e xestións intensas, o Concello vén de recibir a autorización oficial de Portos de Galicia para ocupar máis de 14.000 metros cadrados de terreo portuario.

