Leonardo Mateus Periandro Calero Guida, coñecido como Leozin, é un xogador con gran proxección no futsal internacional. Destaca pola súa forza física, a súa capacidade goleadora e tamén pola facilidade para asociarse cos compañeiros. Asinará co Portus Apostoli para as dúas próximas tempadas.
O novo pívot compartiu vestiario con varios dos actuais fichaxes do conxunto branco. Coincidiu con Douglas no Acel Chopinzinho e tamén xogou con Biel e Churrasco no Futsal São Lourenço, completando así unha base de coñecementos que pode ser clave para a súa rápida adaptación.
Leozin tamén conta con experiencia internacional tras o seu paso polo Sharjah FC dos Emiratos Árabes, onde conseguiu alzar o título de Liga. Con el, xa son cinco os reforzos confirmados polo Portus Apostoli para esta nova tempada: Ismael, Varsalona, Biel, Churrasco e agora, Leozin.
Con este novo movemento, o Noia Portus Apostoli aposta polo talento, a xuventude e o futuro cun obxectivo claro: seguir medrando e loitar ao máis alto nivel do fútbol sala español.

