Un novo nome chega a Noia co obxectivo de marcar diferenzas. Trátase de Gabriel Reis Cardoso, coñecido como Biel, un ala-pivote brasileiro que ficha por dúas tempadas co Noia Portus Apostoli FS.
Biel vén de xogar no MFC Aktobe Kazajo, onde foi clave a pasada campaña: 43 goles e 27 asistencias en 50 partidos. Cifras que falan por sí solas.
Con 29 anos, destaca pola súa habilidade no un contra un, polo seu posicionamento dentro da área e pola potencia no disparo, que o converten nunha seria ameaza para calquera defensa.
Biel convértese así na cuarta incorporación do club para a tempada 2025/2026, xunto a Ismael, Varsalona e Churrasco. O Noia Portus Apostoli aposta forte para seguir crecendo.

