6 septiembre, 2026
Image default

PASAN A DISPOSICIÓN XUDICIAL OS SEIS DETIDOS NA PELEXA MULTITUDINARIA DE RIBEIRA

Ás nove da mañá ingresaban nos Xulgados de Ribeira os seis detidos pola pelexa multitudinaria do pasado martes no Centro Recreativo de Artes. Son catro homes e dúas mulleres pertencentes á familia santiaguesa que durante a mañá prestaron declaración defendendo a súa versión do ocorrido.

Un importante número de axentes custodiaba o acceso ao inmoble xudicial dende primeira hora da mañá para evitar posibles altercados, aínda que a entrada nos xulgados transcorreu con total normalidade.

A Policía Nacional impútalles delitos de lesións, pelexa tumultaria e fuga, aínda que non se descarta que se lles apliquen máis sancións.

Polo momento Ribeira segue fortemente custodiada pola Policía Nacional, cunha unidade constantemente na entrada do poblado da Conlleira e diferentes unidades patrullando o termo municipal.

Related posts

RIBEIRA FOI O EPICENTRO NACIONAL DA INVESTIGACIÓN

CloudyX

A OPOSICIÓN DE RIBEIRA PIDE UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA ABORDAR O FUTURO DA RESIDENCIA PÚBLICA DE MAIORES

CloudyX

A ASOCIACIÓN RENACER RENOVA OS SEUS PROGRAMAS DE PREVENCIÓN E EDUCACIÓN EMOCIONAL NOS CENTROS EDUCATIVOS

CloudyX