Setembro arrancou cunha nova campaña promovida pola Asociación de Empresarios de Ribeira. A patronal, en colaboración coa Xunta e o Concello, lanzou “Volta ao cole” e o pasado venres viviuse unha última xornada de sorteos e desfrute na praza do Concello para a xente que participou e fixo as súas compras no comercio local ribeirense.

