O Goberno local de Outes está a manter reunións con diferentes departamentos da Xunta para resolver as necesidades do municipio. Recentemente o alcalde, Francisco Calo, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, avaliaron a situación do concello e novas vías para reforzar os servizos deste ámbito que se impulsan na localidade.