17.3 C
Chicago
22 septiembre, 2026
Image default

O BON III, O ZIRALLA E O BACOR FORON AS MELLORES EMBARCACIÓNS DA REGATA RAMIRO CARREGAL GRAN FARO DE CORRUBEDO NA XXV EDICIÓN DESTA PROBA QUE UNE RIBEIRA E PORTOSÍN

As rías de Arousa e de Muros e Noia viviron esta fin de semana a emoción da vela. A regata Ramiro Carregal Rey cumpriu a súa vixésimo quinta edición e onte rematou a competición organizada entre o Náutico de Portosín e o de Ribeira. A cita arrancou o sábado e logo dunha intensa travesía dende augas ribeirenses ata Portosín quedaba todo por decidirse na última xornada. Onte os veleiros lanzáronse ao mar nunha proba máis técnica. O vento non faltou á cita cunha intensidade de entre 8 e 12 nós, aínda que só o Bon II e o Peperetes-Nortemar puideron acabar en tempo e forma esta travesía costeira.

E foi o Bon III unha das embarcacións máis en forma da regata. O veleiro do Náutico Punta Lago gañou todas as probas desta cita, facéndose co triunfo na categoría Regata. O segundo lugar ocupouno o Peperetes-Nortemar, do Regatas de Galicia, que intentou facerlle fronte ao dominador da clase. E terceiro foi o Siradella, do náutico local.

En Cruceiro/regata o dominio foi do Ziralla Primeiros, do náutico de Sanxenxo, que se impuxo ao Mauritania, do Arousa Norte, e ao Camping Ría de Arosa, tamén do náutico pobrense. Mentres que nos Cruceiro a vitoria foi para o Bacor, do Real de Portosín. No segundo posto quedou o Escora, tamén local, e completou un podio moi sonense o Montaraz.

Antes da entrega de premios, Ramiro Carregal Rey agradeceu a participación da vintena de veleiros que non se perderon esta cita que cumpriu xa un cuarto de século.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI ESTRÉASE COMO VISITANTE NA PISTA DO JAÉN

CloudyX

O CD BOIRO AFRONTA UN NOVO E ESIXENTE RETO LIGUEIRO NA TERCEIRA FEDERACIÓN.

CloudyX

NOVA OPORTUNIDADE DE SUMAR NA PRIMEIRA FUTGAL

CloudyX