O equipo español de atletismo non poderá contar coa presenza de Ana Peleteiro no Campionato de Europa de seleccións que se celebra no estadio Vallehermoso de Madrid do 27 ao 29 de xuño. A ribeirense era unha das grandes bazas da delegación nacional para esta competición, pero recentemente anunciou a súa baixa de última hora por razóns persoais.

