O fútbol e a solidariedade vólvense dar a man en Boiro. O Campo de Vista Alegre acollerá o sábado 28 o III Torneo Interparroquial en beneficio de Asanog. Participarán as oito parroquias boirenses para ver cal delas é a mellor sobre o verde.
Cada unha delas estará patrocinada por un bar de Boiro. O torneo comezará ás nove da noite e contará con fase de grupos, semis e final. Durante os encontros realizaranse diferentes sorteos de produtos obsequiados polos comercios do municipio.

