Icono del sitio CanalBarbanza.com

AS OITO PARROQUIAS DE BOIRO VÓLVENSE VER AS CARAS NO III TORNEO SOLIDARIO INTERPARROQUIAL EN BENEFICIO DE ASANOG

O fútbol e a solidariedade vólvense dar a man en Boiro. O Campo de Vista Alegre acollerá o sábado 28 o III Torneo Interparroquial en beneficio de Asanog. Participarán as oito parroquias boirenses para ver cal delas é a mellor sobre o verde.

Cada unha delas estará patrocinada por un bar de Boiro. O torneo comezará ás nove da noite e contará con fase de grupos, semis e final. Durante os encontros realizaranse diferentes sorteos de produtos obsequiados polos comercios do municipio.

Salir de la versión móvil