Hai dous anos tomaba o bastón de mando en Muros María Lago logo do acordo acadado entre BNG e PSOE para gobernar no municipio. Xa vai alá a metade da lexislatura e esta mañá a alcaldesa, arroupada polo seu equipo e a portavoz nacionalista, Ana Pontón, fixo un balance deste tempo ao fronte do concello.

