O sábado ás nove e media da mañá dará inicio unha actividade novidosa no calendario deportivo do Barbanza, o I Torneo de Fútbol Ría de Arousa de Fútbol Feminino. Celebrarase no campo de Cadreche, na Pobra, e estará organizado de xeito conxunto polo Puebla e o Atlético Arousana.
Ademais destes dous equipos, paarticiparán na cita o Noia, o Nicrariense, Sporting Cambre, Sárdoma, Xucentú Aguiño, Ordes Sporting San Mateo e Caldas.

