21.3 C
Chicago
30 septiembre, 2026

A XUNTA convoca 6 novos permisos de explotación para marisqueo a pé nas confrarías do PINDO E LIRA, EN CARNOTA

A Consellería do Mar convoca 6 novos permisos de explotación para marisqueo a pé nas confrarías de pescadores do Pindo e Lira, en Carnota. Deles 3 son para a do Pindo e os outros 3 para a de Lira. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.

Os interesados poderán consultar as convocatorias na páxina web da Consellería, a do Pindo neste enlace e a de Lira neste outro. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación destas convocatorias no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

As solicitudes e a documentación acreditativa deberán presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). Tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes serán estudadas e baremadas, segundo recolle a Resolución do 12 de novembro de 2013 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación para o marisqueo a pé.

Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

Related posts

Medio Rural facilita máis material de loita contra a vespa velutina a outros 5 concellos da provincia da Coruña

CloudyX

Augas de galicia verifica a erradicación de tres puntos de vertido de augas residuais localizados noutros tantos concellos das comarcas da COSTA DA MORTE E MUROS e dous EN PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A XUNTA destina catro millóns a axudas ás comunidades de montes veciñáis en man común para a prevención de incendios

CloudyX